Mércores. 24.07.2019
El tiempo

A madeira do ciprés centeario caído en 2015, convírtese en obra de arte

O PSOE pide o acondicionamento da praza

Fabián Lage coa escultura de madeira de ciprés
Fabián Lage coa escultura de madeira de ciprés
A madeira do ciprés centeario caído en 2015, convírtese en obra de arte

Un forte temporal levara en decembro de 2015 o ciprés centenario da Praza do Concello. O seu espazo fora ocupado por un carballo, pero a madeira daquel ciprés foi aproveitada para a arte.

Onte tivo lugar a inauguración dunha escultura realizada polo artesán carballés Fabián Lage, que aproveitou a madeira centenaria para acondicionar o parque da Praza do Hospital tamén con papeleiras, xardineiras e bancos.

O proceso artístico e de reciclaxe levou tres anos, 1.800 horas de traballo e 10.000 liscos de póla de ciprés só nos bancos, papeleiras e xardineiras. E cunha escultura que vai “máis aló do que os nosos ollos ven” en verbas de Lage, e a pesar de parecer negra nun primeiro momento, ofrece unha amla gama de cores segundo dá o sol.

Para Lage “’Alén’ é vida despois da morte, un renacemento que nos permita vivir e convivir con dignidade. Unha necesaria actitude vital que nos incita a buscar espazos de rebeldía e liberación polos que poder fuxir de tantas gaiolas, reais e imaxinarias, que nos manteñen atenazados”.

Melloras na Praza do Hospital

Precisamente o PSOE aproveita para pedir nunha moción o acondicionamento da praza, pois "sofre dende fai tempo, unha serie de carencias que non só o volven pouco útil para o fin creado, como espazo lúdico para os nenos de ata 8 anos, senón que ata o tornan en perigoso precisamente para este colectivo. Tanto a falta dun mantemento axeitado, como a de vixilancia e control sobre as actividades incívicas, fan que o seu deterioro agudícese e acelere máis aló do normal por mercé do natural transcorrer do tempo". O mal funcionamento das fontes, pintadas obscenas, lousas do chan estragadas, o tobogán aboiado, cacas de can... son algunhas das deficiencias que denuncia o grupo socialista.

Novas relacionadas

Comentarios