Martes. 05.11.2024
El tiempo

En marcha a nova edición da Universidade Sénior de Carballo

[Universidade Sénior - Carballo] Inauguración 2023
Imaxe da inauguración do ano pasado
En marcha a nova edición da Universidade Sénior de Carballo
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Carballo, a 2ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro de 2024. As sesións serán desenvolvidas na Forum Carballo.
 
A inscrición é gratuíta e pode realizarse en liña a través do espazo web UDC Sénior Carballo ou de forma presencial e telefónica no Concello de Carballo.
 
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
 
MODULO 1. Arte e Patrimonio 
  • “O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profa. Elvira Santiago Gómez
  • “Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” a cargo da profa. Estefanía López Salas.
  • “A Moda a través da Historia” a cargo da profa. Elvira Lezcano González
  • Visita cultural
MODULO 2. Ciencia e Tecnoloxía
  • “I+D e Innovación en Galicia” a cargo do prof. Alfonso Bravo Juega.
  • “Situarse no Mar: O Ceo como Guía” a cargo da profa. Alsira Salgado Don.
  • “Ciencia con Datos” a cargo do prof. Salvador Naya Fernández  
  • Saída de campo
MODULO 3. Saúde e Benestar
  • “Factores de Risco da Demencia” a cargo do prof. J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.
  • “Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, a cargo da prof. Raquel Veiga Seijo
  • “Augas termais e Saúde” a cargo da profa. Rosa Meijide Faílde.
  • Saída de campo

Esta iniciativa forma parte do compromiso da Universidade Sénior da UDC de achegar formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos en diferentes localidades e comarcas coruñesas, un labor que vén desenvolvendo desde 2018.

Máis novas

Comentarios