Xoves. 18.04.2024
El tiempo

En marcha as obras das 9 sendas ciclo-peonís de Carballo

01092021 senda_8
O alcalde Evencio Ferrero e o Concelleiro Luís Lamas visitando as obras
En marcha as obras das 9 sendas ciclo-peonís de Carballo

Arrincaba onte as obras da última senda do proxecto Cicl-Ando Carballo, ese proxecto con 1,7 millóns de euros de fondos europeos que creará unha rede de 18 km de carrís bici pola capital bergantiñá.

Onte comezaban as obras de renovación dos servizos urbanos na rúa Vázquez de Parga, onde pola marxe dereita da estrada autonómica AC-552, entre os puntos quilométricos 30+469 e 31+000. a chamada Senda 8 conectará a zona urbana co polígono de Bértoa a través do itinerario xa existente na avenida de Bértoa.

A obra eliminará 2 dos 4 carrís que ten a vía nese treito, valorando que non ten sentido que a estrada AC552 teña un carril por sentido en practicamente todo o seu percorrido, pero teña 2 carrís por sentido en pleno núcleo urbano, onde apenas hai beirarrúas.

A idea é crear un carril bici de 2,5 metros de ancho na zona ocupada agora polos aparcamentos, que se manteñen pero máis preto do eixo da estrada. Entre o carril bici e o aparcamento crearase unha franxa axardinada, con céspede e árbores. A beirarrúa modifícase tamén, eliminando as barreiras actuais.

O esquema da vía é o que podes ver na imaxe anexa. Sinalización e mobiliario urbano completan a actuación, que executa a empresa Construcciones López Cao cun orzamento de 256.960,34 €.

Novas relacionadas

Comentarios