Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Martín Graziano: "O Coworking Carballo abre portas xa que estás en contacto directo con emprendedores"

Martín Graciano no Coworking Carballo
Martín Graziano no Coworking Carballo
Martín Graziano: "O Coworking Carballo abre portas xa que estás en contacto directo con emprendedores"

Martín Graziano é un dos autónomos que está desenvolvendo o seu proxecto empresarial ao amparo do Coworking Carballo. Esa iniciativa que ofrece, cando menos, tres cousas moi poisitivas a nov@s emprendedor@s: ter un espazo de traballo, participar accións formativas de interese empresarial, e aproveitar as sinerxias que poden nacer cos outros proxectos empresariais que están agromando no centro.

Graciano é Deseñador Gráfico, con ampla experiencia, por conta propia como por conta allea. Ten estado máis 20 anos de autónomo e tras pasar por empresas como a Axencia de Publicidade Cravero ou 3roots, enfoca agora o seu camiño profesional á ofrecer un servizo de Diseño Gráfico e Publicidade.

  • QPC: Tras 20 anos como freenlance, por que buscas amparo agora nun espazo como o Coworking?

Gústame a proposta de Coworking porque me permite saír de casa onde traballaba só e este lugar podo estar en contacto con outras persoas.

 
  • QPC: Que facilidades e que valor engadido che ofrece o Coworking Carballo para desenvolver o teu proxecto empresarial?

Estar aquí abre portas xa que estás en contacto directo emprendedores, é importante para min xerar vínculos a nivel local e o Coworking permítemo.

 
  • QPC: Que é o que máis valoras de participar no proxecto?

O contacto humano, máis ala desta situación de Covid, saír de casa e compartir un espazo.

 
  • QPC: Cres que sairán sinerxias cos proxectos doutr@s compañeir@s?

Gustaríame, hai emprendedores con proxectos interesantes que me gustaría participar.

 
  • QPC: Tes traballado en empresa e como autónomo. Que vantaxes e dificultades lle atopas ao emprendendo persoal?

As dificultades de ser autónomo son as que todos coñecemos, necesítase dun volume e regulariadad de traballo para poder manterse.

  • QPC: Que ofreces?

Considero que ofrezo un servizo innovador ofrecendo solucións integrais aos meus clientes, xa que engado a miña formación en Dirección de arte publicitaria ao meu traballo como deseñador gráfico, para desenvolver resultados máis creativos. 

  • QPC: De que traballos dos que tes feito te sintes máis orgulloso?

Gústanme os traballos de ilustración de OPENSTACK que fixen fai uns anos a través da axencia MACRAME. Tamén o traballo de Branding realizado para Bert.  

  • QPC: En que proxectos estás agora mesmo?

Estou realizando un proxecto para difusión da arte en forma dixital para unha axencia de Barcelona, traballando con NOWA unha marca de cartelas reciclajes de Belgica. Gústanme os proxectos comprometidos co social e co coidado do medio habiente.

 

Novas relacionadas

Comentarios