As meigas tomaron de novo o Monte Neme para reivindicar os valores ecolóxicos, culturais e sociais

Espectacular salto o que pegou este ano a celebración do Aquelarre do San Xoán na Eira das Meigas do Monte Neme. Unha festa singular, chea de emotividade, á que sumaron este pasado venres 17 de xuño centos de persoas a prol dos valores ecolóxicos, culturais e sociais.
A Sonpres, Interfilm Carballo, AD Media Ducia, AC San Campio de Cances, e A. V. Protección Civil de Carballo colaboraron para que todo saíse á perfección e que todas as entidades estivesen ben atendidas. Non quixeron faltar á cita convocada por Senda Nova, xentes da Asociación Salvemos o Val da Barcia e Monte Xalo, o Observatorio Ibérico da Minería, a Plataforma Non eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural, a Comunidade de Montes de Oza, a Escola do Alprende, ou mesmo o colectivo cultural Aquelarres Literarios.
Foron os historiadores Xan Fernández Carrera e Xan Fraga os que abriron o acto seguindo a liña do propio artigo que Carrera ten publicado en QPC sobre a recuperación do Monte Neme, ante as continuas batidas industrais que leva sufrido e que poderá sufrir se se aproba o Parque Eólico.
Xa era noite cando a comitiva de meigas, fachos en man, lideraba o ascenso ao mítico círculo lítico, ao cromlech.
Unha vez arriba, a meiga maior foi Isabel Risco, cunha intervención divertida e reivindicativa, chea de natureza e feminismo. Houbo música e festa da man da Escola do Alprende baixo as estrelas.
Novas relacionadas
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- Abril 22: Presentan alegacións contra o Parque Eólico Monte Neme.
- 2022: Denuncian a desfeita eólica que a Xunta preve instalar na zona mineira de Monte Neme.
- Aquelarre 2021: O Aquellare na Eiras espantou á meigas do Monte Neme e nomeou a Rosalía Fernández como Meiga Maior.
- Aquelarre 2020: O Aquelarre das Meigas invocou as lendas e denunciou o abandono do Monte Neme.