Venres. 17.05.2024
El tiempo

Un millón de euros para os parques infantis de Carballo

Obras no Parque Infantil de Choris-Carballo
Así van as obras no Parque Infantil de Chorís
Un millón de euros para os parques infantis de Carballo

Anunciaba esta semana o Concello de Carballo un convenio coa Deputación para a creación de 3 parques infantís. Un proxecto de medio millón de euros que permitirá realizar a reforma de integral dos parques da Praza do Concello, a Praza Eduardo Pondal e a Praza da Milagrosa.

Na liña de facer unha rede de parques integradores e accesibles, o Concello tamén ten en execución un proxecto de renovación integral dos parques do Chorís e da Praza do Hospital, nos que realizarán un investimento de 106.003,78 euros procedentes dos recursos municipais. A actuación afectará tanto ao recinto como aos xogos infantís, varios deles inclusivos.

Con cargo ao remanente, o Concello tamén investirá outros 300.000 euros ne parques das parroquias, como é o caso da reforma integral de toda a área de ocio da Ponte de Bértoa, incluído o parque infantil; a reforma integral do parque infantil de Razo e a creación dunha nova zona de xogos en Artes.

Ademais, a Brigada Municipal de Obras está realizando traballos puntuais en varios parques, entre eles o da Praza do Outeiro.

Novas relacionadas

Comentarios