Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O proxecto “Carballo para a infancia” renovará 3 parques infantís

Xose Regueira e Evencio Ferrero
Xose Regueira e Evencio Ferrero
O proxecto “Carballo para a infancia” renovará 3 parques infantís

Asinaban onte Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, o convenio para que o ente provincial faga unha achega de 441.000 euros (o 80% do orzamento) para as obras do obras do proxecto ‘Carballo para a infancia’. Un proxecto co que o Concello poderá acometer a reforma de integral dos parques da Praza do Concello, a Praza Eduardo Pondal e a Praza da Milagrosa, nos que se actuará nos recintos e nas zonas axardinadas e realizarase unha renovación completa dos xogos infantís.

“O proxecto”, explicou Regueira, “é de interese público de carácter social e deportivo, dadas as características do mesmo da mellora da accesibilidade e inclusión nos parques infantís, xa que pretende facilitar o uso dos espazos públicos pola infancia mediante xogos adaptados, ademais de crear espazos para o descanso de adultos e maiores, fomentando o vínculo emocional”. “A actuación, engadiu, “vai promover a rúa como espazo de deporte e ocio entre as cativas e os cativos, conxuntamente co fomento da mobilidade sostible”.

Aprobadas todas as solicitudes de praza no programa Concilia para o curso 2022-23

Paralelamente o concello informa de que as 145 solicitudes presentadas para participar no Programa Concilia durante o curso 2022-2023 están admitidas. O servizo prestarase nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán, que este curso acadou o número mínimo de participantes para poñelo en marcha.

Comentarios