Un dos murais do RexeneraFest, candidato ao Premio Mundial de #StreetArtCities

O Mural de Alba Fabre está na Avenida Milagrosa
Que Carballo xa é un referente mundial en materia de muralismo e arte urbana non é ningún segredo. Xa é unha evindecia, gracias a exemplos como o de ter un graffiti finalista para o premio mundial #StreetArtCities 2022. A obra 'La sandía de Joe', creado pola barcelonesa Alba F. Sacristán na última edición do Rexenera Fest, atópase entre os 29 murais españois e os 100 mundiais que son finalistas desta edición do premio máis prestixioso do mundo de arte urbana.

O mura está situado no Barrio da Ponte, na Avenida da Milagrosa, 23, e conta cun estilo pictórico moi marcado.

Veremos se Alba continúa a saga de gañadores españois tralo triunfo o ano pasado do lucense Diegoas co seu Julio César do Arde Lucus da súa cidade.

A imaxe do mural que recolle www.streetartcities.com

Novas do Rexenera

rtigos relacionados