O RexeneraFest volve traer o antídoto contra o feísmo

Non decae a aposta pola cultura urbana do Concello de Carballo. O proxecto “Derrubando Muros con Pintura” arrincaba en 2012, como un experimento, e convertíase nun festival referente en toda a península dened 2015. Este mes de maio volve unha nova edición do RexeneraFest, o Festival Internacional de Arte Pública.
Artistas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Lituania e Países Baixos colocarán de novo a vila carballesa como exemplo de rexeneración urbana a través da arte. Do 2 ao 13 de xuño, estarán engalanando esas paredes brancas de edificios construídos nunha vila sen unha planificación urbana ordenada, para convertir un dos grandes prototipos do feísmo urbano nun museo a ceo aberto.
O Festival chega cunha marea de actividades paralelas, como o obradoiro de iniciación ao tufting gun, ou tapices con la, que se celebrará do 8 ao 10 de xuño (poden inscribirse enviando o seu portfolio a actividades@rexenerafest.gal); as rutas guiadas, os xogos en familia, ou a sesión vermú do sábado 11, coa divertida banda Familia Caamagno e DJ Mil, que estará tamén na festa de peche.
As creadoras
Daan Botlek (Países Baixos), Udatxo (Euskadi), Alba F. Sacristán (Barcelona), Marija Tiurina (Lituania) e Twee Muizen (Países Baixos), serán os encargados de embelecer a vila cos seus cores.

Artigos relacionados
- Xarda: Profesionalizando o muralismo.
Novas do Rexenera
- Agosto 21: 4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura.
- Agosto 21: A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses.
- Xuño 2021: “O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: O Rexenera Fest, a mellor vacina contra o feísmo.
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.
- 2014: A documental que derruba muros con pintura .
- 2013: Pintando muros para derribar barreiras.