Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nerea Vilariño ilustrará o cartel do San Xoán carballés

A temática do cartel escollido vai arredor das herbas do San Xoán
Nerea Vilariño ilustrará o cartel do San Xoán carballés

Foron 40 traballos os presentados para o Concurso do cartel das festas de San Xoán chegados de Vigo, Santiago, Coristanco, Malpica, Noia, Arteixo, Aranga, Oleiros, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía… Pero o escollido polo xurado ten adn carballés. A nova ilustradora Nerea Vilariño Cabeza foi a gañadora do certame e a súa proposta ilustrará este recuperado San Xoán, que xa espera á chegada das Tanxugueiras. Unha proposta que pronto coñeceremos, onde as herbas e o feito de lavar a cara substitue á clásica temática das cachelas.

Apenas ten 20 anos, pero xa gaña premios de debuxo dende os 10 anos. Agora está rematando estudos de Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e que quere dar o salto á universidade para formarse en Creación dixital, animación e videoxogos co obxectivo de poder dedicarse profesionalmente ao seu soño, que é a animación cinematográfica.

Novas relacionadas

Comentarios