Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nova Galega de Danza trae o seu premiado espectáculo Leira a Carballo

2. Leira_Foto Xan Dominguez
Foto: Xan Dominguez
Nova Galega de Danza trae o seu premiado espectáculo Leira a Carballo

No marco do programa do Verán Cultural, a praza do Concello de Carballo acollerá este venres 15 ás 22h a representación de Leira, espectáculo de Nova Galega de Danza, a agrupación dirixida polo coreógrafo e bailarín ferrolán Jaime Pablo Díaz e patrocinada por Vegalsa-Eroski, na que participa o bailarín de Brens Iván Villar.

Leira, que permite que a NGD sexa a primeira agrupación galega de danza recoñecida polos Premios Max, amosa unha exaltación da labor do campo por medio do corpo e da terra. Danza e música representan a agricultura tradicional galega e a dureza da mesma durante todas as estacións do ano, día e noite, baixo vento, chuvia ou xeada.

A obra conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa de coproducións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no Centro Coreográfico Galego.

Máis citas

As propostas para os vindeiros sábados continúan con este programa:

  • O sábado 22 de xulllo, Xurxo Fernades trae a súa voz única.
  • O sábado 29 de xullo, Uxía e Javier Ruibal traen a Rosalía e a Loca en clave musica.
  • O sábado 5 de agosto unha das citas do verán: concerto de Boyanka Kostova, o trap rural que arrasa en todo o estado.
  • O venres 12 de agosto, circo con Destrouanuts.
  • E o venres 26 de agosto, festival de música e baile tradicional, para pechar.

Máis información

Comentarios