Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Novo programas de andainas para coñecer as sendas ciclopeonís de Carballo

Móvete por Carballo 2
Novo programas de andainas para coñecer as sendas ciclopeonís de Carballo

Arrinca un programa de rutas a pé pola rede de sendas ciclopeonís do proxecto Cicl-Ando Carballo.

A primeira ruta está programada para este venres 21, con saída ás 19.00 horas desde o aparcamento público situado xunto ao CCB-Gadis Híper e unha duración aproximada de dúas horas. Para empezar a coller forma, os/as participantes realizarán un percorrido pola senda perimetral do polígono industrial de Bértoa, acompañados por persoal de Protección Civil e Policía Local.
Cómpre inscribirse enviando nome completo e idade ao enderezo electrónico [email protected].

Despois desta primeira experiencia estaremos preparados/as para a gran ruta do verán, na que camiñaremos dende Carballo ata Razo polas sendas do Cicl-Ando. Esta iniciativa forma parte do programa Eu quero Razo-Baldaio.
O obxectivo desta primeira ruta a pé a Razo, que se celebrará o 29 deste mes de xullo, é, ademais de dala a coñecer entre a cidadanía, converter a actividade nun día de celebración. Por iso, á chegada a Razo están previstas actividades lúdicas e unha merenda, e habilitarase haberá un servizo de transporte en autobús gratuíto para regresar a Carballo para as persoas que o soliciten. As inscricións poden realizarse
aquí, pero se queres máis información podes poñerte en contacto coas Escolas de Balonmán Xiria en [email protected] ou nos teléfonos 609560955 - 609562376. Hai un límite de 200 prazas.

A terceira ruta do verán coincidirá co Día Mundial do Peón, o 17 de agosto.

Pero se ademais de saír andar como tanta xente fai a diario, se queres facelo dun xeito organizado non tes máis que anotarte en [email protected] para participar na ruta que realizaán polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. O punto de encontro será, como nos casos anteriores, o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde serás recibido/a cun agasallo moi práctico para os teus paseos cotiáns. A saída é ás 19.30h.

Comentarios