Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O 94,29% do alumnado da BDT de Carballo aproba as competencias clave

O 94,29% do alumnado da BDT de Carballo aproba as competencias clave
carballo-notas-competencias-clave O concello de Carballo, a través da Bolsa de Traballo, organiza cusos preparatorios de competencias clave Despois duns intensos meses, viñeron os bos resultados. Así, o 94,29% do  alumnado dos cursos de competencias clave organizados pola Bolsa de Traballo (BDT) do concello de Carballo aprobou as probas de avaliación celebradas pola dirección zeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta o pasado 12 de maio en Silleda. Das 35 persoas que se presentaron só houbo dúas que non conseguiron superar ningunha das materias (matemáticas, lingua castelá e linga galega). As competencias clave son imprescindibles para que as persoas que carecen de titulación poidan optar aos certificados que acreditan a súa experiencia laboral. Neste caso todos os aprobados poderán acceder ao certificado de nivel 2. O concello de Carballo vén organizando cursos preparatorios nas últimas cinco convocatorias. Ao longo deste tempo formamos dende a BDT un total de 351 persoas. Fonte

Comentarios