![]()
As compras no mercado municipal de Carballo poden ter premio durante este mes. A concellaría de Promoción Económica reforza a
campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, co sorteo dunha viaxe a Madeira, en Portugal. A partir de hoxe e ata o día 28,
por cada 5 euros de compra entregaranse aos clientes boletos para participar no sorteo. As persoas participantes deberán cumprimentalos cos seus datos e depositalos nunha urna que estará situada no propio mercado.
O sorteo realizarase o día 28 ás 11 horas. O premio consistirá nunha viaxe para dúas persoas que inclúe os voos directos dende Santiago, os traslados entre os aeroportos e o hotel e sete días de estancia nun hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo. A persoa gañadora terá de prazo para gozar do seu premio ata o 30 de novembro.
Certificado de profesionalidade
Por outra parte, a Bolsa de Traballo - BDT - de Carballo rematará mañá a formación en competencias clave de
39 persoas que aspiran a conseguir o certificado de profesionalidade de nivel 2 nas probas que se celebrarán o sábado 13 en Silleda. O concello pon un autobús a disposición dos/as participantes na acción formativa, e ofrece as 15 prazas restantes ás persoas que se prepararon por outros medios e que tamén se vaian presentar aos exames. As/os interesadas/os deben chamar ao número de teléfono 981 709 011. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
A saída do autobús terá lugar o sábado ás 7 horas dende o Fórum Carballo, e o regreso realizarase ao remate das probas de nivel 2, aproximadamente ás 14:30 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo