O Plan Director do centro de Carballo prantexa a creación dun aparcadoiro subterráneo
A pasada mañá de xoves 20 de marzo, celebrouse a primeira xuntanza da Comisión de Urbanismo creada para analizar o Plan Director para o centro de Carballo. Unha Comisión creada a raíz dunha petición do TEGA e que da que onte xa participaban todos os grupos.
Así ademais do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Urbanismo, Milagros Lantes; o Concelleiro de Medio Ambiente, Marcos Trigo e o Concelleiro de Obras, Luís Lamas do grupo de goberno, tamén participaron os concelleiros do PP Juan Carlos Castro e Ramón Antelo; o concelleiro de TEGA Manuel Andrade; e o concelleiro do PSOE José Antonio Viña. Así mesmo estivo presente o Arquitecto Municipal, Alfredo Garrote, e outros membros da Oficina Técnica así como o Secretario do Concello e a Interventora.
O principal punto de debate ao longo da xuntanza foi unha vez máis a proposta para a creación dun aparcamento soterrado na Praza do Concello. Unha praza que xa vimos vai ser peatonalizada seguindo o obxectivo de humanizar o centro da capital bergantiñá.
A comisión rexeitou a petición do PP de realizar un estudo de viabilidade, mais saíu adiante a petición formulada por TEGA de que a Oficina Técnica realice un debuxo perimetral no que re reflictan as posibles dimensións do parking.
Novas relacionadas
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Rutas en bici para coñecer Carballo.
- Carballo tamén peatonaliza a Rúa Colón.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.