xoves. 11.12.2025
El tiempo

As obras de ampliación do Polígono de Bértoa non comezarán ata 2027, cando a previsión inicial era telo rematado a mediados de 2025

Xunta en Carballo ampliacion poligono
As obras de ampliación do Polígono de Bértoa non comezarán ata 2027, cando a previsión inicial era telo rematado a mediados de 2025

Nova xuntanza onte en Carballo entre a Xunta, Concello e os empresarios do Polígono de Bértoa para analizar os avances do proxecto de ampliación do polígono. A Xunta informou que "se os prazos van segundo o previsto, as obras comezarán no 2027 cun período de execución de 18 meses".

A realidade é que mentres o polígono espera pola tan necesaria Circunvalación, a demandada ampliación leva anos de retraso, unha vez que tras moitos anos de peticións, o proxecto púxose en marcha en 2022, e a previsión era tela lista a mediados de 2025...

Os avances

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, informou os avances nos proxectos de urbanización e expropiación da ampliación do parque empresarial de Bértoa, que unha vez finalizadas as obras incrementará a súa superficie nun 51%.

No encontro, ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, analizouse coa Asociación de Empresarios do polígono industrial de Carballo a distribución das futuras parcelas que se están a deseñar co fin de facilitar a consolidación de empresas que demanden grandes superficies na zona.

Xunto co equipo redactor do proxecto de urbanización, Ardao recordou que o plan de ampliación do parque de Bértoa Fase II permitirá incrementar a superficie de solo industrial en 629.587 m 2 , un 51 % mais da súa capacidade actual, que é de 1.236.327 m2. A actuación que se está a desenvolver conta cunha previsión orzamentaria de 28,2 M€.

Máis novas

Comentarios