Venres. 19.04.2024
El tiempo

As obras do Centro Social de Bértoa, a pleno rendemento

Avanzan tamén as obras no Centro Social de Lema
obras_centro_social_bertoa
obras_centro_social_bertoa
As obras do Centro Social de Bértoa, a pleno rendemento

O pasado mes de xuño anunciaban a súa construción, e as obras xa levan un mes en marcha, e estarán rematadas previsiblemente en febreiro do ano que vén. Falamos do novo Centro Social de Bértoa, un edificio de nova planta nunha parcela municipal de 5.882 metros cadrados situada xunto á zona verde do parque empresarial.

Un edificio que serve para seguir estendendo a rede municipal de locais co obxectivo de contribuír á dinamización cultural, deportiva e social das parroquias. O edificio terá unha zona cuberta e un auditorio, así como unha aula de informática, un salón social, unha oficina, aseos e hall. No exterior crearanse unha zona de barbacoa e un patio.

Asi sera o novo Centro Social de Bertoa
Simulación sobre como será o novo Centro Social de Bértoa

Obras no Centro Social de Lema

En Lema as obras comezaron a semana pasada, avanzan a moi bo ritmo e estarán listas a finais de ano. Da vella escola unitaria só se conservan os muros exteriores, e se están colocando novos tabiques para ampliar o espazo interior ata os 148 m2.

Novas relacionadas

Comentarios