Olería, muralismo, cociña e lingua de signos nos obradoiros para a mocidade do Espazo Xove Carballo
O Espazo Xove de Carballo (Rúa Valle Inclán, 24) presenta un interesante programa par o mes de decembro, con actividades gratuitas para a rapazada de entre 12 a 30 anos, preferentemente. Son obradoiros impartidos ademais por artistas da vila.
A primeira acción será martes 3 de decembro de 18:00h a 19:30h, cun Obradoiro de barro coa carballesa María Barca "Crúa", na que se fará unha sesión de modelado de barro na que cada quen dará forma á súa propia peza.
<p>O mércores 4 e o xoves 5 de decembro de 18:00h a 19:30h, toca sesión de muralismo con Rakel Cavallo. A artista, metade italiana, metade carballesa, continúa o proxecto “Metamorfose no Espazo”, que procura adaptar o edificio do Espazo Xove ás novas vangardas estéticas.
O mércores 11 de decembro de 17:00h a 20:00h, hai Obradoiro de Crumbl Cookies, vaia, obradoiro de repostería, con temática de nadal, co proxecto tamén bergantiñán de @breaktime.es
E xa o xoves 12 de decembro de 17:00h a 19:00h, Obradoiro de Lingua de signos, coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
INSCRICIÓN
As actividades requiren de inscrición previa e teñen prazas limitadas, e podes facela no tel. 881 880 420/21, WhatsApp 672 01 71 71 ou mandando unha mensaxe privada as nosas redes sociais de Instagram e Facebook @espazoxovecarballo.