Os Bombeiros de Carballo sufoca un incendio nunha casa de Rus

07:12 18/05/17

Novo incendio dunha vivenda o sufrido esta pasada madrugada do mércores a xoves. Eran ás 3:25h cando os Bombeiros de Carballo tiñan que acodir ao lugar de Ramil, en Rus, Carballo, para sufocar un incendio de madeira apilada ó carón dunha pequena casa de planta baixa.
Ó lume afectaba a unha fiestra da vivenda pero o interior só resultou afectado por o fume. Afortunadamente ningunha persoa resultou ferida, só houbo danos material.
Os Bombeiros procederon a extinguir o lume declarado e ventilar todo o interior da vivenda e verificar que dentro da casa non se atopase ninguén e tamén comprobaron si o lume afecta o interior.
Ata ás 5:00h non remataron o servizo os Bombeiros e despois de comprobar que a situación quedou totalmente controlada.

Novas relacionadas
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado.
- 2804-17: Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos.
- 27-04-17: Apagan un incendio nunha vivenda abandonada de Fisterra.
- 06-02-17: Sofocan un incendio nunha chimenea dunha casa de Ponteceso.
- 06-02-17: Unha impresora provoca un incendio no PAC de Muros.
- 04-02-17: Incendio nunha vivenda no centro de Cee.
- 01-02-17: Calcinada unha vivenda tras un forte incendio en Creo.
Fonte
- Bombeiros de Carballo.