![]()
Carballo acollerá o próximo 10 de xuño a
cuarta edición do Classic Car. A concentración dos coches clásicos comeza ás 09:00 horas coas inscricións nas instalacións do grupo Calvo. Un pouco máis tarde, ás 10:30horas, os participantes encederán os motores destas reliquias para percorrer as rúas de Carballo en dirección ao polígono industrial de Bértoa onde visitarán as instalacións de "La Base Motorclub" e ver a fabricación do kart cross RX 01.
Repostas as enerxías emprenderán unha nova viaxe por terras de Carballo e A Laracha. O xantar será no pazo de Vilar de Francos dende onde volverán para a praza do concello de Carballo co fin de expoñer os vehículos participantes no encontro. Alí haberá música e sorteos.
Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o 1 de xuño nos números de teléfono 679 174 276 / 647 607 037.O custe da inscrición é de 30€ para adultos e 12€ para nenos.
Fonte