Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os pequenos labregos de verán

Os pequenos labregos de verán
Menudo verán que están pasando os pequenos labregos carballeses nos Obradoiros de Verán do Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Uns talleres que alcanzan a última semana, e que terán o seu peche o vindeiro venres 28 tras un intenso mes. Un mes no que os 58 rapaces aprenderon moitísimas cousas da nosa natureza como reciclar para o compost, delimitar bancais, facer saquiños de lavanda, ou empregar apeiros como a forca dobre. Non faltaron os xogos adaptados (aprender a presentarse, carreiras...) e tamén para os típicos de campamento. Pero as actividades que máis gustaron foron aquelas como o botaren fabas, espantar os paxaros, cocer “té de plátano”, repicar caléndulas, prantar remolachas, prixel, leitugas ou feixóns, sementar e ata facer experimentos con arxila segundo unha moi antiga técnica xaponesa que se chama nendo dango, que vén sendo como unha bomba de sementes. Cousas que para os nenos non son complicadas como conta o coordinador do Horto, Manuel Anxo Pardiñas: “Aprendémoslle aos nenos a, por exemplo, envolver os porros en arxila: primeiro medimos unha cuarta unha cuarta entre plantas, logo facemos un burato co plantador, despois deixamos a planta no burato e, para rematar, tapámolo con cariño”. Neste última semana de faena, antes de recoller os trebellos (máis unha actividade sorpresa que pronto saberemos), os nenos terán tamén que deixar a horta preparada para o cando comecen os obradoiros, xa na terceira semana de setembro. Horta infantil do veran carballes

Fonte

  • Carballo.

Comentarios