Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Parque de Bombeiros de Carballo volveu quedar pechado

Bombeiros de Carballo en folga
O Parque de Bombeiros de Carballo volveu quedar pechado

A xornada do domingo, foi a segunda dende que comezou a folga dos Bombeiros, no que o Parque de Bombeiros de Carballo quedou sen cobertura, pechado, vaia. Non se xuntaron as 3 persoas necesarias para ter un parque operativo, polo que os dous que quedaban foron enviados a Arteixo (que tamén quedaba con 2 traballadores), un dos parques máis importantes da provincia que case nunca se atreve a pechar o Consorcio.

Todo por mor dunha folga na que os Bombeiros o único que non fan é facer horas extras, o que demostra graves carencias na xestión do persoal. Así o denuncia José Barca, representante sindical no Consorcio Contraincendios da Coruña, que califica a xestión como “nefasta ou nula”. “Demóstrase a incompetencia, mesmo poderían facer manobras de persoal que non están realizando, deixando zonas poboacións sen cobertura” deste sistema tan básico e necesario de emerxencias.

A negociación pola mellora do convenio ademais non avanza. Se ben o Consorcio instou aos sindicatos a sentarse en setembro, os traballadores non queren parar a folga, pois “levamos algo con promesas inclumplidas durante demasiado tempo e non imos parar ata que haia feitos.

Este próximo xoves, seguramente volverá acontecer, a non se que haia traslados, e o Parque carballés permanecerá pechado cos dedos cruzados de que non aconteza nada grave.

Última acción, sen material adecuado

Xusto a última hora antes do peche o pasado domingo, ás 7:00h da mañá, foron alertados por un incendio nun transformador eléctrico en Carballo. “Alí acodimos pero sen o material necesario”, explica Barca, “pois nestes casos non se recomenda apagar con auga, pero como non funcionaron os dous extintores de CO2, que están caducados, tivemos que apagaron con extintores que non son os axeitados, e mesmo acabamos pedindo extintores a Protección Civil”, sinala case que avergoñado, e deixando claro que se xogaron a vida “porque había xente arriba e había que solucionar o problema”, pero criticando as carencias no material que levan denunciando dende o comezo da folga..

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios