Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O Pleno de Carballo aprobou o plan de obras para o POS e os Orzamentos

Pleno Carballo xaneiro 2022
O pleno ordinario de xaneiro comezou, a proposta do alcalde, cun minuto de silencio na memoria do ex concelleiro Pedro Luis Fernández Pombo, que tamén foi un activo dinamizador social e cultural do noso concello
O Pleno de Carballo aprobou o plan de obras para o POS e os Orzamentos
En apenas media hora foron abordadas e aprobadas as distintas propostas presentadas polos grupos da corporación municipalno pleno ordinario de xaneiro, celebrado este 31.

O punto importante foi a aprobación do Plan Único da Deputación da Coruña, por unha banda para aprobar as infraestruturas que se executarán este ano, coas abstencións de PP e TeGa, e por outra para facer o propio cos investimentos en gasto social, neste caso por unanimidade.

Deste xeito, con cargo ao POS+ 2022 poderán acometerse as seguintes actuacións:
    •    Aglomerado da vía As Labradas-A Ponte de Bértoa: 142.639,07 euros    
    •    Mellora da iluminación no complexo deportivo As Eiroas: 287.212,84 euros 
Plan complementario
    •    Aglomerado da vía As Torres (Oza) - Cances Grande (Cances): 340.954,41 euros
    •    Aglomerado da vía Bolón (Sofán) - Vilar de Francos (Artes): 255.140,47 euros
    •    Rede de abastecemento potable á zona baixa de Sofán: 700.171,12 euros
    •    Rede de abastecemento de auga dende A Canosa (Rus) ata Entrecruces: 537.479,31 euros
A maiores destinaranse 560.654,83 euros a gasto corrente e 196.229,20, a gastos extraordinarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Con tres abstencións e seis votos en contra foi aprobado de xeito definitivo o orzamento municipal para este ano, tras a desestimación da única alegación presentada. Tamén saíu adiante, neste caso coas únicas abstencións dos dous edís de Terra Galega, unha moción do PSOE en apoio do sector gandeiro.


 

Comentarios