Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Poñéndolle un marco de cores a Carballo

A Vila do Manha en san_martinho_xogos-Carballo
Xogando á Vila do Mañá
Poñéndolle un marco de cores a Carballo
Esta edición do singular proxecto de educación urbana “A vila do mañá” desenvólvese principalmente na rede. Aínda así, o luns pasado, os 34 nenos e nenas que finalmente participan na iniciativa recolleron as súas caixas cos materiais necesarios para traballar ao longo das vacacións de Nadal e “Darlle cor a Carballo”. Durante esta primeira semana estiveron practicamente estruturas con fíos de cores, e sábado “tomaron” o parque de San Martiño coas súas madeixas de la, e, coa axuda do equipo técnico do proxecto, convertérono nun enorme espazo lúdico.

Outra das actividades físicas consistiu en enmarcar, cun marco de papel, as cousas que máis lles gustan do urbanismo carballés. E por primeira vez os murais foron destacados polos nen@s, algo que en 2018 non sucedera, destaca a arquitecta Sandra González Álvarez, directora de “A vila do mañá”.

enmarcando_carballo (2)

O próximo reto colectivo será a construción dun muro vexetal na rúa Vila de Noia este mércores 30. Un horto vertical urbano para o que xa están traballando.

Ademais, o 4 de xaneiro volverán saír á rúa para pintar un muro na rúa Coruña.

Novas relacionadas

Comentarios