Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Portugal será o país convidado no Carballo Interplay para ver como a TV avanza nos contidos dixitais

Carballo Interplay 2021-Zona PRO
Portugal será o país convidado no Carballo Interplay para ver como a TV avanza nos contidos dixitais

O Carballo Interplay, o Festival de Contidos Dixitais máis importante da península, ten activada a conta atrás cara os 8, 9, 10 e 11 de setembro. E unha das novidades será a recuperación do "Día PRO”, unha xornada con profesionais da comunicación. E será Portugal o país convidado, incidindo na querenza por unir pontes a través do Miño.

A cita será o 10 de setembro no Pazo da Cultura. Pola mañá contarán con Alberto Fernández, director de contidos dixitais de RTVE; Raquel García Trigueros, directora de contidos e marketing en Freeda España, e Clara Amechazurra Falagán, directora de contidos en Freeda España; e mais un dos responsables de Canal 180, canle cultural con 10 anos de historia reconvertidos na plataforma The Wrong.
Tamén estarán responsables de Freeda, un medio de comunicación dixital que se dirixe ao público feminino e conta en España cunha comunidade de 3 millóns de seguidores en redes sociais, e algún representante de Playz, a metade de RTVE de contidos dixitais, que volve ao festival.
De seguido, Rogério Gomes, xestor de proxecto en RTP Lab, e José Pereira, director da área de Innovación e Negocio da CRTVG, falarán sobre as estratexias dixitais dos medios públicos galegos e portugueses.
Unha boa nova que tamén terá visibilidade é a primeira vez que a Axencia Galega das Industrias Culturais inclúe mnas súas subvencións unha liña de axuda a proxectos de webserie en versión orixinal galega.

Pola tarde o Encontro PRO entre creadores e produtoras servirá para unir.

As persoas e entidades que queiran participar na xornada profesional poden inscribirse de xeito gratuíto en carballointerplay.com antes do 16 de agosto.Premio a proxectos de webserie en galego

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay continúa a ser un ano máis un dos principais impulsores da creación de series web en Galicia co seu Premio a proxectos de webserie en galego, que ofrece un premio en de 3.000 euros para a produción de tres vídeos da serie do proxecto premiado. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 31 de xullo.

Novas relacionadas

Comentarios