O PP carballés presenta o seu top5

O Partido Popular de Carballo ven de presentar a sua cabeceira de lista para concurrir as eleccións municipais do vindeiro 28 de Maio. Acompañarán a Rubén Lorenzo, no seu “top 5” a, xa, concelleira Beatriz Neira, o empresario Isidro Varela, a arquitecta técnica Isabel Cotelo, o empresario José Rey e o gandeiro Javier Calvelo.
Apunta ser o preámbulo dunha lista renovada, na que, polo de agora, repite Beatriz Neira, esta vez como número 2. Lembramos que Beatriz Neira ten 53 anos, é da parroquia de Lema e traballa no ámbito dos servizos sociais.
Como caras novas, representando a distintos sectores da sociedade carballesa, están Isidro Varela que significa a savia emerxente do empresariado carballés, é Presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, Isidro é directivo no sector dos productos químicos, ten 55 anos e provén da parroquia de Bértoa.
O número catro da lista será ocupado por Isabel Cotelo de, outra cara nova, con experiencia técnica na administación pública e vive na parroquia de Carballo.
José Rey será o número cinco, ten 42 anos, nado na parroquia de Bértoa, adícase á construcción. Por último, no número seis estará Javier Calvelo, que a pesares da súa xuventude, está moi implicado co rural que desenvolve a súa actividade profesional na súa explotación gandeira en Entrecruces.
A totalidade da lista dos populares carballeses será presentada o vindeiro día 22, sábado, ás 12.30 do mediodía nun acto que terá lugar na contorna da praia de Razo.