Profesionais de toda a bisbarra participarán nunha xornada técnica sobre Violencia de Xénero en Carballo
O programa Carballo enRede comeza a súa andaina. Este proxecto de prevención da violencia contra a muller que trata de impulsar a coordinación de todos/as os/as profesionais implicados/as. Por iso, a primeira actividade será unha xornada técnica que reúna na capital bergantiñá a profesionais de toda a Costa da Morte para seguir avanzando na formación para ofrecer unha resposta integral ás vítimas da violencia de xénero, prestando especial atención á coordinación e ao traballo en rede como elementos fundamentais para acadar ese obxectivo.
A xornada está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
A I Xornada técnica sobre violencia de xénero celebrarase o venres 14 de xuño no Fórum Carballo, e contará coa participación de profesionais coma Juan José López Ossorio, xefe de área do Gabinete de coordinación e estudos da Secretaría de Estado de Interior; Fátima Alonso, psicóloga e coordinadora dos programas de intervención con vítimas do COPG; Noelia Marta Gantes, coordinadora do servizo Atenpro da Cruz Vermella; Chelo Neira Leis, director do CRI e coordinadora da Rede galega de acollemento; María Debén, xurista e coordinadora de Igualdade na Delegación do Goberno na Coruña; Paz Filgueiras, xuíza no Xulgado de Violencia de Xénero de Vigo; Rosana Izquierdo, médica de familia e coordinadora do grupo de traballo sobre violencia de xénero na AGMFC, ou David Kaplun, antropólogo, formador e investigador en xénero, violencia e diversidade, e membro activo de AHIGE.
A xornada vai destinada a profesionais dos servizos sociais, centros de información á muller, persoal sanitario, da xustiza, dos corpos e forzas de seguridade, do ensino e a orientación educativa, técnicos/as de orientación socio-laboral, etc.
A inscrición é gratuíta e pode formalizarse ata o 10 de xuño enviando, debidamente cuberto, o formulario que atoparedes máis abaixo a [email protected]. As persoas que precisen máis información poden dirixirse tamén ao edificio de servizos sociais, na Praza do Médico Eduardo Mariño, ou chamar aos teléfonos 981 700 688 ou 638 123 460.