PSdG, PP e TEGA únense para presentar 3 mocións conxuntas

Os grupos municipais carballeses de PP, TeGa e PSdeG-PSOE, uníronse para presentar varias mocións conxuntamente, para que sexan debatidas nos vindeiro pleno.
Bolardos

Unha moción versa sobre a necesidade de corrixir as deficiencias de funcionamento dos bolardos da rúa Desiderio Varela. Consideranque os últimos accidentes acontecidos na rúa (sobre todo o do pasado 2 de xaneiro) obrigan ao concello a tomar medidas.
Piden que os bolardos conten cunha banda magnética ou sensor para evitar estes accidentes, e consideran insuficiente o sinal informativo que se instalou. Así, piden tamén regular a existencia de bolardos mediante unha ordenanza.
Van máis alá os tres grupos, que a día de hoxe xa consideran que “foi un erro a colocación de bolardos na r/ Desiderio Varela, vistos os problemas que están xerando”.
Bértoa
O 14 de marzo de 2018, o grupo municipal de Terra Galega presentaba no rexistro do concello unha moción para que se execute a vía de sistema xeral que vai da Vila de Negreira á Igrexa de Bértoa. No pleno celebrado o día 26 de marzo esta mocíón foi rexeitada polos/as 11 representantes do BNG, mentres os/as de PP, TeGa e PsdeG-PSOE, votaron a favor.
O BNG argumentou o seu voto en contra, en que seguindo criterios técnicos é necesario facer unha modificación puntual para reducir o ancho do vial, pasando de 20m (así aparece recollido no PXOM) a 16m. Pero a oposición, despois de preguntar na oficina técnica, sinala que tal informe non existe. Por iso piden que se execute a vía de sistama xeral cos 20m de ancho rexeitando a modificación puntual, unha vez que a execución da circunvalación non parece que vaia ser unha realidade nos próximos anos.
Así mesmo, solicitan cambiar o sistema de actuación do polígono S-R7, pasando de ser por compensación a cooperación para axilizar o desenvolvemento de dito polígono.
Comisión de urbanismo
Os grupos municipais de PP, TeGa e PSdeG-PSOE uníronse tamén para pedir que se convoque unha reunión da Comisiónd e Urbanismo para informalos sobre as modificacións puntuais do PXOM así como os criterios técnicosque seguiu ogrupo de goberno para realizalas.
Consideran que nos últimos tempos, despois da aprobación definitiva do PXOM (antes si recoñecen que houbo apertura) o goberno ten unha “falta e transparencia, nunha práctica intensiva de ocultismo informativo”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).