Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A rapazada do Artai sumérxese no mundo da prensa

 

Rocio Candal ca rapazada do Artai
Rocio Candal ca rapazada do Artai
A rapazada do Artai sumérxese no mundo da prensa

Boa sorte ten a rapazada do CPR Artai de Carballo co bo de Joaquín Moreira. Unha marea de anos leva o mestre carballés desenvolvendo a Semana da Prensa no centro, unha iniciativa instituida como celebración oficial dentro do calendario escolar no ano 1988. Un xeito de darlle aire fresco ás aulas, coa chegada de diferentes profesionais dos medios de comunicación da comarca que ofrecen sesións distintas ao que aparecen nos libros de texto. Un xeito espertar esas mentes inquedas.

Tivo a honra de abrir a 35ª edición desta Semana da Prensa Ubaldo Cerqueiro, responsable deste diario. Ubaldo fixo un repaso sobre o nacemento do xornal, falou da prensa dixital, da prensa dixital, da prensa en galego, e centro boa parte da sesión en falar do trato coas redes sociais na adolescencia e o coidado que ten que ter a mocidade coas novas falsas.

Queda pendente unha sesión de creación dunha nova para publicar no diario, convertindo ao alumnado de 1ºESO en auténticos reporteiros.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by CPR Artai (@cprartai)

Pola tarde, foi Rocío Candal, xornalista con experiencia na CRTVG, a que tivo unha interesante charla co alumnado de 6º de Educación Primaria falando e explicando o mundo do xornalismo. Rematou a xornada asinando no libro de honra do colexio coa directora do centro, Macarena Mato.

Quedan pendetes as visitas, hoxe de Melissa Rod., redactora local da Voz, e o venres, de Sofía Caamaño, ex estudante do centro, xornalista e escritora. Caamaño destaca en comunicación social e sobre os dereitos humanos (de feito estivo en Palestina e en Serbia ou Croacia abordando algún deses temas) e con artigos escritos en diversos medios como El País e El Salto. Como escritora é autora do libro “Una tierra con gente” e tamén levou un premio, o Antón Zapata de poesía polo seu texto “Eu.A min”.

Novas relacionadas

Comentarios