Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A reforma do Pazo da Cultura vai ter que esperar

pazo-da-cultura-carballo-exterior
A reforma do Pazo da Cultura vai ter que esperar

A primeira fase do proxecto integral de reforma do Pazo da Cultura estaba xa licitada. A empresa Desarrolla Obras e Servizos era a adxudicataria por uns 410.000€. Pero onte, na Xunta de Goberno, anulouse o contrato, pois a eempresa xustificou a imposibilidade de acometer o proxecto polo prezo estipulado debido ao encarecemento dos materiais (de arredor do 15%).

Concello e empresa acordaron resolver o contrato por mutuo acordo.

Agora toca repasar alternativas para licitar de novo a obra, pero o Concello é consciente de que a infraestrutura, que cumpre 20 anos, necesita unha reforma en profundidade.

O proxecto, deseñado polo Javier Caamaño, trata de facer máis “cómodo, funcional e accesible”, un dos edificios con máis vida cultural de Galicia.

De feito, hoxe martes preséntase a nova programación.

Comentarios