Remodelación integral do Parque de San Martiño

09:17 15/07/22
Anunciaban onte a licitación por máis de 366.0000 euros das obras de remodelación do parque de San Martiño de Carballo. Unhas obras están incluídas no Plan de xestión do risco de inundacións do río Anllóns. O prazo que teñen agora as empresas para presentar as súas ofertas remata o 18 de agosto.
O obxectivo deste traballo é a construción de motas de protección fronte ás avenidas na contorna do parque San Martiño. Realizaranse actuacións en tres zonas diferenciadas: a primeira, augas abaixo da ponte de Cálea Sol; a segunda no propio parque de San Martiño, bordeando a rúa San Ramón e terminando na ponte da rúa Iglesia; e a terceira, entre o parque de San Martiño - ponte da rúa Iglesia- e a ponte Aforo.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 22: Licitan a primeira obra do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Dous pontecesáns á final europea do Premio Nóbel de Auga Xuvenil co seu sistema de prevención contra as inundacións.
- Setembro 2021: Carballo expropia os terreos dun edificio na ponte da Casilla para poder aumentar a canle do Anllóns.
- Maio 21: Licitan a redacción das primeiras acción Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Xaneiro Como é o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo?.