luns. 09.02.2026
El tiempo

Retiran uns 250.000 granulados e 1.500 bastonciños das praias de Baldaio e Razo

Bastonciños na praia de Baldaio-Razo
Retiran uns 250.000 granulados e 1.500 bastonciños das praias de Baldaio e Razo

Máis de 1.500 bastonciños dos oídos e preto de 250.000 granulados son os datos máis significativos da acción de limpeza de lixo mariño desenvolto esta mañá nas praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo. As persoas voluntarias convocadas por Afundación, a Obra Social de ABANCA no marco de PLANCTON, conseguiron retirar do areal máis de 75 quilos de residuos nun minucioso labor de recollida, reconto e clasificación debido ao reducido tamaño dalgúns dos obxectos localizados.

Os traballos de voluntariado comezaron ás 10 da mañá. Repartidas en varios grupos, as persoas participantes percorreron o areal e, como é habitual nestas xornadas de limpeza de residuos, recolleron distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en áreas próximas ou que son arrastrados polo mar. Ademais da laboriosa recollida dos granulados e bastonciños, nesta ocasión contabilizáronse 300 tapóns, 25 chisqueiros, máis de 60 botellas plásticas, ou 25 envases de vidro. Tamén retiraron do areal medicinas, envases de cremas e cosméticos, cartuchos de caza, aerosois ou restos de envases, bolsas e envoltorios, e outra serie de obxectos de orixe descoñecida e de difícil identificación por mor da súa deterioración ou fragmentación.

Limpeza de Baldaio Razo AFundacion

Limpeza praia Razo Afundacion

Comentarios