Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Rexenera Fest impulsa ao comercio local

10-rexenera-comercio-cadrado
O Rexenera Fest impulsa ao comercio local

A proposta de embelecer a cidade a través do muralismo do Rexenera Fest colle outra dimensión, co apoio ao comercio local, un axente fundamental na transformación arquitectónica e estética da paisaxe carballesa. "O deseño dos establecementos, a decoración dos escaparates, os elementos identificativos... son elementos que contribúen á configuración da identidade urbana e que enchen as nosas rúas de cor", entenden dende o Concello de Carballo.

Por iso, e para seguir enchendo as rúas de cor, no décimo aniversario do Rexenera Fest, a Concellaría de Promoción Económica pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial coa que queremos agradecer a toda a cidadanía as achegas e a boa acollida aos novos espazos artísticos que integran, despois de dez anos, un xigantesco museo ao aire libre.
Ese agradecemento plasmarase nunha campaña na que poderán participar ata un cento de comercios carballeses. Os interesados poden anotarse cubrindo este formulario.
Desde o 30 de maio ata o 9 de xuño, coincidindo coa celebración do festival, a clientela de todos estes establecementos recibirá, por cada 20 euros de compra, un boleto-rasca co que poderá conseguir uns agasallos moi especiais: camisetas, parasois... todos con imaxes dos nosos murais. Deberás entregar o teu boleto premiado, xunto co tícket de compra, no Museo de Bergantiños, onde che farán entrega do agasallo correspondente. Temos miles de premios!

Comentarios