Sábado. 20.04.2024
El tiempo

'Que rule, que rule!': Nova campaña comercial do CCA de Carballo

Querulequerule_Cartel47WEB
Querulequerule_Cartel
'Que rule, que rule!': Nova campaña comercial do CCA de Carballo

Baixo o lema #ocomerciovaidefesta, o Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA) vén de poñer en marcha a campaña comercial 'Que rule, que rule!', que se desenvolverá entre os próximos días 25 de maio e 7 de xuño.

Durante esta quincena a clientela dos 47 comercios participantes recibirá unha ficha coa que xogará os días 31 de maio e 7 de xuño no Xardín Municipal de Carballo á ruleta dos premios! Os venres 31 de maio e 7 de xuño a partir das 17h00 a ruleta dos premios comezará a xirar, lanzada por cada unha das persoas que se acheguen ó Xardín Municipal coa ficha que acredita que mercaron nos comercios participantes na campaña na semana anterior á data de xogo. A ruleta ten dentro dos agasallos que repartirá vales das tendas participantes, sorpresas, xeados, experiencias nos locales de hostalería colaboradores con Que rule, que rule! e un vale que se sorteará no final de cada venres de 300€ de compra nos comercios do CCA Carballo.

Os comercios participantes na campaña son: A Fragua de Mo, A Fragua Kids, Adamela, Akira, Alesi, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Amai Store, Amar Moda, Atelier, Atmósfera Sport, Bambalina, Benetton, Calzados Susa, Cenor Carballo, Compro Oro, Cristina Morgade, D&A Complementos, Deportes San Remo, DonClic, Dress, DV Carballo, Esprit Carballo, Federópticos Nicolás, Joyería Seoane, Maker Store by Allnet, Menta, Miriñaque, mmmm! Xeados, Moda Suárez, Moncho Antelo, Multiópticas, Necos, O Barco dos soños, Pastelería San Luís, Peluqueía Beni, Perfumería Garrote, Poppy, Punto e coma, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Sueño de Hadas, Todo Lar, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas.

Comentarios