Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha ruta ornitolóxica pecha este sábado o completo programa de verán en Razo-Baldaio

rbt
Unha ruta ornitolóxica pecha este sábado o completo programa de verán en Razo-Baldaio

Rematou o completo verán cultural e natural arredor do litoral carballés no marco do programa “Eu quero Razo-Baldaio”. Ese xeito de achegar a natureza da contorna para aprender a querela e respectala máis e máis.

A última cita será este sábado 28, cunha ruta guiada polo colectivo Naturalista Hábitat, en clave ornitolóxica. Aínda te podes inscribir aquí.

20 actividades

Ao longo destes dous meses desenvolvéronse unha vintena de actividades en colaboración con Hábitat, Adega e Senda Nova, tres entidades que teñen ben demostrada a súa implicación coa preservación da riqueza medioambiental do noso litoral. Obradoiros de pegadas da fauna autóctona, rutas polo patrimonio das parroquias da contorna, saídas para coñecer a flora e a fauna, xornadas de limpeza e de eliminación de especies invasoras, rutas e actividades nocturnas e saídas ornitolóxicas como a que se vai levar este sábado foron algunhas das actividades nas que participaron maiores e pequenos, moitas veces en familia.

Unha das accións máis singulares é a pegada anual que queda na contorna. Este ano queda cunha escultura en forma do escarabello Eurynebria realiada por Fabiñan Lage.

Comentarios