Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O escaravello "nebria das praias", non símbolo da sustentabilidade na contorna de Razo-Baldaio

Escultura nebria_praias en Castrillon-Carballo
O escaravello "nebria das praias", non símbolo da sustentabilidade na contorna de Razo-Baldaio

“A limpeza excesiva das praias está acabando coas pulgas, e coa nebria das praias, que se alimenta delas”, sinalou Jorge Ramos, guía da entidade do Grupo Naturalista Hábitat durante a inauguración da nova escultura deste animal en Santa Irene, Castrillón, Lema. Unha esculta singular, que segue o fío aberto en 2019 coa da píllara de Razo, e o golfiño de Pedra do Sal en 2020 no marco da campaña Eu Quero Razo-baldaio, tres esculturas realizadas polo artesán Fabián Lage.

“Non debe haber moitas esculturas de escaravellos en todo o territorio nacional nin en Europa”, destacou Ramos, poñendo en valor a importancia na cadea deste pequeno habitante dunar. “É algo que nos ten que unir a prol da conservación da natureza, de espazos coma este de Razo-Baldaio, que son moi emblemáticos pero tamén moi fráxiles”, deixando claro que “ Baldaio non é un parque infantil, senón un ecosistema”.

Á inauguración non faltou a Concelleira Maruxa Suárez Cotelo, destacando a intención municipal de “poñer en valor este lugar marabilloso, que pensamos que non é suficientemente coñecido”, facendo referencia ás vistas dende o espazo.

O artesán lembrou que usou os troncos de dúas árbores enfermas que houbo que cortar na Milagrosa, con “patas feitas con restos dos antigos enreixados de cor vermella que había no xardín da Praza do Concello, e o resto son anacos de metal vello e oxidado”.

Comentarios