Luns. 03.10.2022
El tiempo

Senda Nova empalma o Outono en Marcha coa Escola Ambiental

Escola Ambiental de Senda Nova
Así arrincou a Escola Ambiental de Senda Nova
Senda Nova empalma o Outono en Marcha coa Escola Ambiental

Non para a activa Asociación Senda Nova. A pasada fin de semana empalmaba dúas actividades xa senlleiras, pois a última saída da 9ª edición do Outono en marcha, case que coincidía co comezo da 9ª edición da Escola Ambiental.

O Monte Neme, baixo a néboa, “esa mesma néboa que forxa a personalidade propia dun país en humidade”, foi o escenario para a última excursión. Seguro que os aquelarres na Eira das Meigas tiñan un ambiente semellante. Ademais de lamentar o impacto do eucalipto na zona, os andantes disfrutaron de sendas curiosas. Van xa 56 andainas de outono e de 170 saídas de natureza nestes 9 anos.

Outono en marcha con Senda nOva
Andaina polo Monte Neme

Paralelamente, o Espazo de Natureza de Oza abría a nova edición da Escola Ambiental. O primeiro grupo de nenos e nenas deste curso xa disfrutaron da primeira das 40 sesións programas neste o proxecto máis especial da asociación. Unha idea para desenvolver accións ao aire libre coas diferentes temáticas de ecoloxía, cultura e achegamento físico ao medio.

A entidade invita aos nenos e nenas de 3º e 6º de primaria dos colexios de Carballo a inscribirse en [email protected] ou nos teléfonos 611037617 611037614.

Novas sobre Senda Nova

comentarios