Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Senda Nova estrea o documental "Hoxe quen baila"

Senda Nova estrea o documental "Hoxe quen baila"
senda-nova-documental O pasado venres, Senda Nova presentou o seu primeiro documental que leva por título "Hoxen quen baila" Senda Nova ven de pechar unha das semanas con maior actividade na que a participación e as emocións foron dous dos pratos fortes. A programación pechouse o domingo en Coristanco coa sexta andaina da Primavera en Ruta. No roteiro, que era un dos de maior dificultade deste programa de andainas, os participantes contaron cos guías Evaristo Domínguez Rial e José Antonio Andrade que se encargaron de descubrir moitos dos segredos que agocha esta ruta. A andaina arrancou dende Seavia, onde houbo que facer xa unha primeira parada para contemplar o contorno da igrexa e incluso visitar o museo adicado a Asunción Antelo. senda-nova-coristanco O pasado domingo, os camiñantes percorreron Coristanco; unha dos destinos da 9ª Primavera en Ruta Dende alí, os camiñantes dirixíronse ás Torres de Nogueira para dende alí dirixirse aos muíños e ao cotón de Ferreira. Mentres que as silvas impiden o paso aos muíños, a veciñanza de Ferreira encargouse de deixar a parte alta do cotón do mesmo nome, apta para a visibilidade, a imaxinación e os sentidos, que se conectaban a través das historias de Evaristo. Brenlla, Couso, O Vilar ou a historia do volframio de Varilongo servían para devorar quilómetros na procura da Férveda do Rabiñoso que os voltou a recibir semanas despois. O límite con Zas era o mesmo que o de unha andaina chea de emoción e patria. De coñecemento e convivencia. Visita á lagoa de Baldaio Na xornada anterior, o sábado, uns 20 participantes da Escola Ambiental de Senda Nova visitaron unha vez máis a lagoa de Baldaio. O entorno da lagoa e a marisma foi un destino perfecto para achegarse a avifauna do espazo natural, a historia da lagoa e a flora máis representativa. E todo aderezado dunha mañá solleira. Presentación documental documental-senda-nova Unhas cen persoas asistiron o pasado venres a presentación do documental "Hoxe quen baila" Pero unha das actividades "máis emocionantes da historia de Senda Nova", tal e como o relatan os membros da entidade tivo lugar o pasado venres. E o motivo foi a estrea do pirmeiro dos documentais producidos pola entidade que tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza. O resultado chegou coa axuda da Deputación da Coruña e despois de ducias de horas de gravación, de faladoiros, de anécdotas,.... que quedaron resumidas en 45 minutos grazas ás axudas técnicas de Illa Bufarda. "Hoxe quen baila" é o nome deste traballo no que figuran case 20 narradores e narradoras, protagonistas das Historias de Inverno. Na presentación estaban ao redor dunhas cen persoas que axudaron a que o acto estivese cargado de emoción. Alí tamén estaban os nenos e nenas representadas no grupo das Valedor@as que despois de varios de participación na Escola Ambiental demostraron os seus coñecementos. a presentación del@s e os agasallos entregados a cada un dos membros por Miguel Vales, concelleiro de Medio Ambiente do concello de Carballo foi o inicio dun filme emocionante que pon de manifesto a diferencia entre o tipo de divertimento de agora e o de mediados de século pasado e serve para a reflexión profunda entre as festas nun e noutro tempo.

Máis información

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios