Unha webserie creada no Carballo Interplay, ao Festival "Seriealizados" de Barcelona

“A Moza que Abortou e o Contou” (@amqaeoc) é unha webserie creada por Eire Cid e Rosalía Quiroga, que conta a historia de Cora, unha moza de 20 anos que aborta, e decide contarllo a súa familia durante unha cea de Nadal. Esta produción irrompe no panorama audiovisual galego sendo a webserie gañadora do premio ao Mellor Proxecto de Serie Web no Carballo Interplay 2023, estreándose un ano despois nese mesmo festival.
Recentemente a serie foi escollida para participar na 11ª edición do Festival Internacional de Series de Barcelona, o Serializados Fest. Rosalía Quiroga, co-directora da serie, estará o vindeiro 19 de outubro presentando a serie na gala Showcase Short Form: unha sesión onde se proxectarán os catro proxectos participantes, entre os que figura “A Moza que Abortou e o Contou”. Esta iniciativa do festival, aposta por dar visibilidade e proxeción ao talento emerxente na creación de series e webseries.
A serie recibiu o seu primer galardón no festival John Balan Fest, en Marín. O festival celebraba en agosto a súa segunda edición, reunindo a diferentes personalidades do sector, nacionais e internacionais.
A webserie formaba parte da selección oficial do festival, estando nominada na categoría de Novos Medios, levándose o premio á mellor webserie, onde tamén estaban nominadas as series galegas Pulp Air, Poscoito e Rent-A-Pal. As súas creadoras, Eire Cid e Rosalía Quiroga, tamén contaban cunha nominación na categoría de Talento Emerxente.
O seu relato desata debates, novas revelacións e violencia, pero a súa irmá pequena grava todo co teléfono. O resultado é un falso documental cunha narrativa postmoderna gravado en vertical.
As creadoras
Eire Cid, nada en Vigo en 1991, é guionista, directora e Doutora en Comunicación. Ten gran variedade de títulos baixo o seu nome, dos que se poden destacar varios: As mulleres salvaxes (2018); Propaganda de guerra (2019); “Monstras” (2020); Aileen Wuornos presenta (2022); Manifesto (2022), Nuestras Rosas (2024). No ano 2023 escribe, xunto con Rosalía Quiroga, “A moza que abortou e o contou”.
Rosalía Quiroga, nada en A Guarda en 1993, é xornalista, fotógrafa e comunicadora. Estuda en Compostela e Chile. Participou en diferentes producións, desempeñando diferentes traballos: sonidista en Norte 45 – Sur 422 (2019); sonidista e script para Manifesto (Cid, 2022) e axudante de direccion en Nuestras Rosas (2024). No 2022 gaña o premio Xohana Torres polo documental propio Mal Olladas (2023).
Brava coproduce esta serie tan aclamada. Liderada por Cristela Torres e Bea Villar, presentou así un novo proxecto este 2024, mentres sigue producindo diversos formatos e para diferentes soportes como a plataforma da Televisión de Galicia, AGalega, con programas como Raíña-me! de Álvaro González ou a segunda tempada da serie Pringadas, de Belén Puime, que se estreará proximamente.