As 20 webseries que proxectará o Carballo Interplay
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay presenta a súa Sección Oficial de web series, que un ano máis recolle proxectos de todo o mundo con gran variedade de temáticas e xéneros. Serán 19 web series que se proxectarán divididas en bloques durante os días do festival, que será do 4 ao 7 de abril en Carballo.
O Carballo Interplay mantén a súa misión de apoiar aos creadores e creadoras en todas as etapas. Dende que realizan os seus primeiros proxectos audiovisuais na iniciativa Dinoescolas, que abrirá o festival coa presentación da peza Carballo Interway, realizada polo alumnado do CIFP de Imaxe e Son, o xoves 4 de abril. Ata a promoción do talento galego e internacional na Sección Oficial.
Ademáis, o seu Premio a Produción de Contido Dixital en Galego é berce dunha xeración de novos cineastas e creadores de contido, xa que de esta iniciativa saíron webseries como Xan (2020), de Miguel Canalejo e Lucía Estévez, gañadora dun Mestre Mateo, ou Pringadas (2022), de Belén Puime, que foi un fenómeno en redes sociais. Nesta undécima edición catro proxectos chegaron á fase final, na que durante un pitching mostrarán as fortalezas da proposta ao xurado.
ESTREA DO PROXECTO GAÑADOR NA PASADA EDICIÓN, “A MOZA QUE ABORTOU E O CONTOU”
O CIP tamén acollerá a estrea de “A moza que abortou e o contou”, o proxecto gañador na pasada edició ao premio a Mellor Proxecto de Serie Web, cunha cuantía de 3.000 € que permitíu a producción da serie. A protagonista da historia é Cora, unha moza que decide contar a súa familia que abortou, durante un encontro no Nadal, desatando debates e contradiccións que a súa irmá pequena grava co teléfono. Dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga proxectarase o xoves 4 de abril ás 20:00 no Mercado de Carballo.
Nesta edición o premio dirixido ao desenvolvemento de producións en galego esténdese para aglutinar outros campos da creación dixital, como programas destinados á redes sociais. Os finalistas ao Premio a Mellor Produción de Contido Dixital en Galego presentarán as súas ideas nun pitching durante a tarde do xoves.
SECCIÓN OFICIAL
Entre as web series internacionais da Sección Oficial do Carballo Interplay atópanse proxectos de Canadá, Arxentina, China, Francia, República Checa, Colombia, Corea, Dinamarca, Australia ou Kazajstan. Ademáis, 5 web series galegas presentaranse por primeira vez ao público: Nómades, dirixida por Marta Insua; Poscoito, de Héctor Rodríguez; Pulp Air, de Anita Pico e Rent-a-pal de Irene Pin. As proxeccións divídense en catro bloques en base á súa temática.
O primeiro “Sorpresas que da vida” será o xoves 4 de abril ás 16:00 no Mercado de Carballo. O público achegarase a personaxes que buscan un oco no mundo. Mozas que se revelan contra a súa escola tradicional, os conflictos e retos dun grupo de persoas de Rosario que convive co pasado da dictadura en Arxentina, seguir a protagonistas que se perden na procura dun destino propio ou coñecer quenes son os monstruos escondidos. As series neste bloque son Lady Ada's Secret Society, Nómades, Cuarenta. Memorias en democracia, Hogtown/ Ainsi va Manu e Monster Dinner.
O venres será o turno para o bloque “Experiencias na vida”, ás 19:00. Unha viaxe ata a Francia en guerra de 1915, a historia dun home que descobre un almacén de droga e decide facer negocio ou un repaso en clave de comedia a todas as situacións que se poden dar despois de ter sexo. Neste bloque proxectaranse Les Chroniques de Gliwensbourg, BANANAS, En vida en extinción. Don Pancho, Poscoito e Restaurant in the town.
Esta xornada rematará coa clásica Sesión Golfa, ás 23:30 cunha selección que leva por nome “Risas que dan vida”. A imaxinación voa cun universo no que non existen cousas tan básicas como chanzos ou cartos, o público coñecerá Pulp Airlines, a aerolínea máis excéntrica do aeroporto de Carballo e un repaso histórico no que hai máis improvisación que historia. As series deste bloque son Un mundo sin, Pulp Air, The struggle for existence, Historia Mal, Lowbudget e Content Farm.
Por último, o sábado ás 20:00 será o turno no bloque “Destinos na vida”, con historias de dunha parella que vive nunha caravana vive un misterioso xiro na súa vida durante unha parada, dunha muller que decide mudarse cunha parella para darlles un fillo e comeza a sentir presenzas extrañas na casa ou a aventura dunha rapaza que acepta un traballo nunha empresa de aluguer de amigos. Estas series son #Vanlife (Emotional), Alas, Rent-a-pal e #Annaismissing
O xurado formado polo cineasta Joël Bassaget, a curator de contido dixital Ainhoa Marzol e o fotógrafo Fran Rodríguez Casal decidirá os gañadores nas categorías de Mellor Serie, premio dotado de 800€, Mellor Dirección e dotado con 200€. Un Xurado Novo composto polo músico Daniel Valcárcel (coñecido como Aeronave Adolescente), o artista Mondra, a xornalista Iria Ramos e a poeta e debuxante Afra Torrado, darán outros 400€. Por último, o público asistente poderá votar e decidir o gañador do Premio do Público, de 400€. A entrega de premios será o domingo 7 ás 12:30 e estará presentada polo dúo cómico Izquierdo Sisters.
Máis info Interplay 2024
REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY
- 2023: O Carballo Interplay pechou a súa 10ª edición
- 2023: O Carballo Interplay arrincou con estreas e centra a segunda xornada no talento galego
- 2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.