Martes. 23.04.2024
El tiempo

Símbolos urbanos con nome de muller

Rua_juana_de_vega de Carballo
Símbolos urbanos con nome de muller

A campaña deste 8M do Concello de Carballo ten un importante contido urbanístico. A semana pasada presentaba unha ruta polas rúas con nome de muller. Onte o Concello amosaba a imaxe dos novos contedores de vidro, aproveitados para contar historias de mulleres senlleiras.

Singular é a ruta urbana polas rúas dedicadas a mulleres pioneiras que loitaron pola igualdade. Unha nova ruta que permite coñecer o centro da vila, comezando pola renovada rúa Concepción Arenal, ata a a contorna da fracasada urbanización Costa Nariga, na que se sitúan a maior parte das rúas con nome de muller. A escritora Syra Alonso, a xornalista Sofía Casanova, a activista e política Clara Campoamor, a actriz e bailarina Carolina Otero, a violinista Luisa Villalta, a pedagoga María Barbeito, a escritora e costureira María Mariño (1907-1967), a activista social e política Juana de Vega, a escritora e xornalista Emilia Pardo Bazán, a pintora Maruja Mallo e a actriz María Casares sonas as protagonistas.

#EcoMuller

Colectores Violetas de vidro en Carballo

Onte o Concello presentaron a iniciativa conxunta con Ecovidrio para seguir metendo a cor violeta nas rúas carballeses. Nesta nova acción de visibilización da muller aparecen tres colectores de vidro de cor morada dedicados a tres mulleres: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.

Comentarios