A tarxeta-bono Sempre Carballo xa está disponible

11:19 15/09/20
Deste hoxe mesmo, martes 15 de setembro, xa se pode tramitar a tarxeta-bono “Sempre Carballo”. Esa tarxeta cargada cun saldo de 30 euros que te permitirá gastar nun total de 262 empresas e autónomos de diferentes sectores están adheridos á campaña, e que permitirá inxectar 700.000 euros na economía local.
Para solicitala só hai que entrar en www.semprecarballo.gal e cubrir un sinxelo formulario cos teus datos persoais. En poucos días recibirás a tarxeta no teu domicilio coas instrucións precisas para activala.
Na propia web terás todas os establecimentos onde podes gastar eses 30 euros.
O prazo para consumir o crédito da tarxeta, que non se pode recargar e que deberá ser utilizada exclusivamente pola persoa titular, rematará o 30 de novembro.
Novas relacionadas
- 10-09-2020: Último día para que empresas e autónomos se unan á campaña Sempre Carballo.
- Agosto 2020: Os Bonos Sempre Carballo terá unha axuda universal de 30€ e terán que empregarse antes da campaña de Nadal.
- Xullo 2020: Máis de 200 empresas xa están adheridas á campaña da tarxeta-bono “Sempre Carballo”.
- Evencio Ferrero: “Coa Tarxeta Monedero fomentaremos a economía circular e moveranse máis de 1 millón de euros dentro do Concello”.
- Maio 2020: Carballo destinará un mínimo de 1 millón de euros para a reactivación económica.