Paralizado provisionalmente o proxecto eólico no Monte Neme

O proxecto eólico do Monte Neme terá que esperar. A Xustiza vén de suspender cautelarmente o proxecto promovido por Enel Green Power España a raíz dunha denuncia da Asociación Ambiental Petón do Lobo.
A resolución provisinal destaca o patrimonio natural desta área situada entre Carballo e Malpica, tomando como propios os argumentos de Petón do Lobo, en relación á afectación que provocará o movemento de terras. Sinalan ademais que podería afectar mesmo ao sistema dunar Razo-Baldaio e que mesmo podería exercer un efecto barrera na avifauna da zona.
A resolución destaca a ampla zona protexida na que se pretende instalar este parque, ademais do impacto paisaxístico e visual.
Lembran ademais que a zona está afectada por unha explotación mineira sen restaurar (a pesar do millón de euros aprobado xa en 2022) que aumenta os impactos acumulados sobre a degradación ambiental. Entre os argumentos mesmo se engade o recén conseguido selo Star Light.
ARTIGOS RELACIONADOS
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: O BNG pide paralizar de “maneira cautelar” o proxecto eólico no monte Neme.
- Xullo 22: 1 millón de euros para a restauración da mina do Monte Neme
- Febreiro 23: Solicitan unha avaliación ambiental conxunta dos proxectos situados nun radio de 20 km do Monte Neme.
- As Meigas do Monte Neme alíanse contra os eólicos
- O BNG presenta alegacións contra os Parques Eólicos de Monte Neme e Coto Loureiro
- Presentan alegacións contra o Parque Eólico Monte Neme
- Marzo 22: Denuncian a desfeita eólica que a Xunta preve instalar na zona mineira de Monte Neme