O Concello de Carballo tamén presenta alegacións contra o parque eólico Monte Neme
Súmase o Concello de Carballo ao grupo de entidades que presentan alegacións ao Parque Eólico Monte Neme. Un proxecto que preve instalar 4 aeroxeradores, 4 centros de transformación, unha torre meteorolóxica de 115 metros, unha subestación e redes eléctrica, de comunicación e de terras.
O Concello sinala que "no proxecto sectorial exponse erroneamente que todas as infraestruturas do parque eólico quedan fóra da zona delimitada polo Plan de Ordenación do Litoral (POL), xa que tres aeroxeradores e a torre meteorolóxica, están dentro do ámbito do POL". Ademais, "o aeroxerador 2 e a torre meteorolóxica sitúanse nunha zona clasificada como de alto valor ambiental". Así mesmo, a elección de "máquinas de gran potencia e tamaño provoca un maior impacto visual, como se pode apreciar nas fotografías das vistas dende Baldaio incluídas no estudo de impacto ambiental".
O Concello de Carballo, preocupado tamén polo impacto acústico, encargou un informe específico a unha empresa especializada.
Outro asunto interesante é a execución do esquecido Proxecto de abandono e clausura do grupo mineiro Monteneme, polo que por parte da consellería competente deberían analizarse a compatibilidade e as posibles interferencias.