Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Solicitan unha avaliación ambiental conxunta dos proxectos situados nun radio de 20 km do Monte Neme

Vistas dende o Monte Neme
Vistas dende o Monte Neme
Solicitan unha avaliación ambiental conxunta dos proxectos situados nun radio de 20 km do Monte Neme

Os deputados do BNG Daniel Pérez, Alfonso Fernández e Luís Bará veñen de rexistrar unha serie de iniciativas encamiñadas a paralizar o proxecto do parque eólico do monte Neme. "Dende o BNG consideramos que autorizar ese proxecto suporía, tal
como expón o deputado carballés Daniel Pérez, o certificado de defunción das abondosas potencialidades naturais, históricas, culturais que ofrece este espazo, e da posibilidade de crear sinerxías moi positivas para a promoción da comarca no seu conxunto e a xeración de emprego e riqueza baseada nun turismo de natureza, sostíbel e respectuoso coa paisaxe; impedíndolles ademais ás veciñas e veciños a realización de outros usos dos terreos, como o aproveitamento gandeiro ou forestal”.

Por iso, na proposición non de lei solicitan a paralización cautelar do proxecto e a denegación das autorizacións das infraestruturas e instalacións industriais que atenten contra os valores naturais, estéticos, paisaxísticos ou culturais do monte Neme, así como de aqueles que poñan en perigo un aproveitamento turístico sustentábel, forestal ou gandeiro do monte e a súa contorna.

En calquera caso consideran "imprescindíbel abrir un novo procedemento de información pública tendo en conta os numerosos cambios no proxecto, así como realizar unha avaliación ambiental conxunta de todos os parques e infraestruturas asociadas nun radio de 20 quilómetros.
“O monte Neme é moito máis ca un monte”, sinala Daniel Pérez. Espoliado durante décadas, o plan de rexeneración financiado con fondos europeos semellaba unha oportunidade para a posta en valor do gran potencial natural, histórico, cultural e
turístico deste enclave, pero a Xunta, en vez de acometer esas obras de rexeneración, vén de resolver de xeito favorábel a declaración de impacto ambiental do parque eólico proxectado, dando luz verde a un novo espolio".

O BNG pregunta tamén cando se vai executar ese plan de rexeneración da antina mina".

Comentarios