Martes. 30.04.2024
El tiempo

O Concello de Carballo presenta recurso de alzada contra a resolución que autoriza o parque eólico do Monte Neme

Mostras da actividade mineira en monte Neme
Mostras da actividade mineira en monte Neme
O Concello de Carballo presenta recurso de alzada contra a resolución que autoriza o parque eólico do Monte Neme

Non desiste a sociedade civil e o Concello de Carballo na loita contra a invasión eólica nun espazo emblemático como o Monte Neme.

O Concello de Carballo vén de presentar recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da
Xunta de Galicia pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico  promovido por Enel Green Power España, S.L.

5 son as razóns principais que ofrece o consistorio carballés:

1. O parque eólico de Monte Neme constitúe un exemplo claro de fragmentación artificial de proxectos. Unha arazón que xa botou abaixo proxectos como os parques eólicos do Campelo e de Bustelo.

2. O procedemento de autorización do parque eólico de Monte Neme vulnera a Lei de ordenación do territorio de Galicia en relación coa aprobación do proxecto de interese autonómico, un aspecto sobre o cal teñen fallado tamén os tribunais. 

3. As afeccións medioambientais do proxecto vulneran a normativa vixente, entre outros, nos seguintes ámbitos:

  • Proximidade das instalacións do parque eólico Monte Neme á ZEPA Costa da Morte Norte e ZEC Costa da Morte, ambas a menos de 2 km.
  • Proximidade (menos de 1,5 km) aos humidais inventariados no Inventario de Humidais de Galicia: Gándara de Cances; e rego da Gándara.
  • Afección directa das obras con perda de superficie de hábitats hifgrófilos prorirarios, as breixeiras húmidas atlánticas con Erica ciliaris e E. tetralix.
  • O PE Monte Neme xunto cos parques próximos proxectados de Monteagudo w Pedrarrubia constitúen unha barreira para o corredor migratorio das aves tanto ao longo da liña de costa como entre a o litoral e o interior. No EIA non se se aporta un traballo de campo detallado sobre a periodicidade mensual no censo anual de avifauna nin tampouco de quirópteros.
  • As instalacións do parque eólico Monte Neme sitúanse dentro da zona potencial da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitanica), catalogada como en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e cun plan de recuperación en vigor (Decreto 75/2013), así como de presenza de morcego cavernícola (Miniopterus schreibersii), especie vulneránel no CGEA, nunha das súas localizacións máis occidentais na Península Ibérica.
  • Sobre a paisaxe, a presenza e dimensións dos aeroxeradores xunto coas dos parques próximos do PEs Monteagudo e Pedrarrubia nunha zona alta contigua á liña costeira sobre o areal e zona húmida de Baldaio supón unha barreira visual e unha degradación da paisaxe costeira moi significativa, que non pode consderarse compatíbel nen ser mitigada.

4. O trámite de información pública é contrario a dereito pola falta de posta a dispor dos informes sectoriais, un aspecto que tamén motivou a anulación das
autorizacións relativas aos parques eólicos Campelo e Bustelo.

5. A autorización vulnera os dereitos de participación da cidadanía en materia de medio ambiente, xa que o proxecto resultante das modificacións derivadas durante a información púbica non foi sometido novamente a exposición.


Con todos estes argumentos, dende o Concello de Carballo solicitan a revogación da resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais e se proceda á suspensión do proxecto.

Novas relacionadas

Comentarios