Último día para que empresas e autónomos se unan á campaña Sempre Carballo

Hoxe xoves é o último día para que empresas e autónomos se unan á campaña Sempre Carballo. Esa campaña para promover a economía circular dentro do Concello no que os veciños poderán gastar 30€ nos establecimentos adheridos. A día de hoxe xa hai establecimentos de diversos sectores: comercio, hostalaría, negocios de estética, fotografía, decoración, deportes, deportes ou librarías.
A relación de establecementos adheridos destinatarios das compras ou demanda de servizos por parte das persoas beneficiarias desta tarxeta-bono figurará na web www.semprecarballo.gal xunto co seu enderezo para que as persoas beneficiarias das tarxetas-bono dispoñan en todo momento do listado de participantes.
A tarxeta pode ser solicitada por calquera persoa maior de idade empadroada en Carballo a 31 de xullo, cumprimentando o formulario que estará dispoñible en www.semprecarballo.gal, e terá unha vixencia comprendida entre o día de entrega da mesma e o 30 de novembro, data límite para a súa utilización.
Novas relacionadas
- Agosto 2020: Os Bonos Sempre Carballo terá unha axuda universal de 30€ e terán que empregarse antes da campaña de Nadal.
- Xullo 2020: Máis de 200 empresas xa están adheridas á campaña da tarxeta-bono “Sempre Carballo”.
- Evencio Ferrero: “Coa Tarxeta Monedero fomentaremos a economía circular e moveranse máis de 1 millón de euros dentro do Concello”.
- Maio 2020: Carballo destinará un mínimo de 1 millón de euros para a reactivación económica.