Unha agarimosa recepción aos irmáns franceses de Carballo


Dende fai 21 anos se mantén vivo este irmandamento entre Carballo e L´Isle Jourdain. E continúa moi vivo. De feito, na tardiña do domingo chegaron a capital bergantiñá unha expedición de franceses. Aló estaban as familias de acollemento que recibiron con ledicia aos “lillois” e posteriormente tivo lugar o recibimento institucional no Concello de Carballo.
Foi emotiva a chegada, pois son moitos anos de compartir experiencias de vida. E tamén a recepción no salón de plenos municipal, onde os regalos, ademais das apertas e os bicos, fixeron de benvida.
Agora, durante estes 5 días de estadía – marchan de volta 23/04 – os “irmáns franceses” e as súas familias de acolleita poderán gozar de distintos itinerarios programados que combinan arquitectura con natureza e que inclúen visitas a lugares de interese como Malpica, A Coruña, Fisterra e Santiago de Compostela. O seu permanencia na capital de Bergantiños finalizará o xoves 23 de abril cunha visita ao mercado local de Carballo, data na que regresarán á súa terra natal.


Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Carballo.