Martes. 10.09.2024
El tiempo

A veciñanza de Cances esixirán alomenos un “arcén” na estrada de Vilariño

Estrada sen arcen en Vilarino de Cances
A veciñanza de Cances esixirán alomenos un “arcén” na estrada de Vilariño

Reuníuse onte a veciñanza de Cances e Xoane para analizar as propostas feitas pola Xunta de Galicia sobre as modificacións do proxecto de mellora da seguridade da AC-414. Un proxecto que leva provocado unha marea de protestas veciñais que finalmente foron escoitadas por unha Xunta que engadiu unha serie de modificacións. 

Con todo, e malia que a sensación global é positiva na veciñanza de Cances, e a reunión votou en maioría aceptar as novas modificacións, a representación veciñal vai facer fincapé nun punto concreto: A zona que vai de Vilariño ata o núcleo de Cances.

Estrada sen arcen en Vilarino de Cances 2
Estrada que teñen que atravesar os veciños e veciñas de Vilariño para chegar ao núcleo de Cances

”O tema que causa máis conflito é o tema do “arcén”, xa non falamos de senda, de Vilariño ata o núcleo de Cances”, explica Fran Méndez. “É que realmente a non hai “arcén”… xa nin se ven a raia branca da estrada”, lamenta. Unha situación grave para algunha das 60 veciñas e veciños que viven na mesma estrada sen beiravía, como a señora con problemas de mobilidade que ten que armarse de valor para percorrer, por esta estrada, os 100 metros que separan a súa casa do colector do lixo.

Así, a veciñanza, esquecendo xa a palabra “senda”, que viron que era imposible, vai propoñer crear “un arcén de 50 cm de cada lado”, cando as normativas de seguridade esixen 1 metro de “arcén” para unha vía limitada a 50km/h.

Os representantes veciñais trasladarán ao longo destes días as súas propostas.

Máis novas

Comentarios