Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo

Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo
vieiro-carballo As orientadores dos IES de Carballo mantiveron unha reunión con integrantes da xunta directiva de Vieiro Membros da xunta directiva da asociación Vieiro - Fina Rey (presidenta), María del Pilar Mata (secretaria) e María José Dosil (educadora social) mantiveron onte un encontro coas orientadoras dos centros educativos de secundaria de Carballo co fin de darlles a coñecer os distintos programas que promove a entidade co fin de previr a drogodependencia. Mª José Vilarelle (IES Alfredo Brañas), Pilar Seoane (do IES Parga Pondal), Marta Martínez (do IES Monte Neme) e Cristina Baldomir (do CPR Artai) coñeceron os programas que ofrece Vieiro para os centros educactivos; tales como "Saúde na escola" ou "Non pasa nada ¿Pasa algo?" asíc omo as iniciativas de intervión socio-educativa na aula (programa Constrúe, Constrúe o teu mundo, Saúde na Escola, habilidades Socio-Emocionais, Na horta cos meus amigos) así como no ámbito famliar (Escolas de Pais/Nais, familias con fillos/as con primeiros consumos e familias con fillos/as con problemas de conduta).  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios